O obxecto desta contratación é a subministración dun (1) furgón de útiles varios (FUV en adiante) con tracción 4×4, que permitan tanto o transporte de auga para extinción de pequenos incendios como o transporte de material para servizos varios para intervención en zonas de difícil acceso debido a tipoloxía do firme, pendente ou estreiteza das vías de paso necesarios tanto para o transporte de persoas, como de auga e material para combater os ricos aos que está exposta a ciudadanía da zona transfronteiriza, dotadas do equipamento que se especifica no prego de prescricións técnicas (PPT), no marco do proxecto 0079_ATEMPO_6_E cofinanciado nun 75% pola Unión Europea no marco do programa Interreg VI-A España-Portugal (POCTEP) 2021-2027, OP2 Prioridade 3, Obxectivo Específico 2.4. Fomento da adaptación ao cambio climático, a prevención do risco de catástrofes e a resiliencia, tendo en conta os enfoques baseados nos ecosistemas. – ID: 825236 CONTRATOS PÚBLICOS DE GALICIA

Estado: En curso

Órgano de contratación: Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA)

Sistema de contratación: Non aplica

Compra pública estratéxica: Non aplica

Tipo de procedemento: Aberto simplificado

Tipo de contrato: Subministro

Importe: 120.000,00 €

Data de publicación na plataforma: 13-05-2025 15:19   Selo: PR RWEB01 2025/990769

Data e hora límite de presentación de ofertas: 28-05-2025 23:59