O obxecto do contrato é a obra de ACONDICIONAMENTO DO CAMPO DE FÚTBOL DE LAMPÁNS definido no presente prego, no que se especifican as necesidades administrativas a satisfacer mediante o contrato e os factores de todo orde a ter en conta. O obxecto do presente proxecto, de acordo ca memoria do proxecto técnico, é a de definir as actuacións a realizar, froito da avaliación realizada in situ para verificar o estado de conservación actual así como o estado de conservación para unha mellor definición dos traballos a acometer para a recuperación desta instalación. Este Concello procederá a realizar as obras de substitución integral do pavimento de céspede artificial existente no campo de fútbol de Lampáns, situado en San Vicente, termo municipal de O Grove. O céspede artificial actual presenta un deterioro significativo tras máis dunha década de uso, sendo necesaria a súa substitución por un novo sistema de céspede artificial de terceira xeración que cumpra cos estándares FIFA Quality para instalacións deportivas. – ID: 825697 CONTRATOS PÚBLICOS DE GALICIA

Estado: En curso

Órgano de contratación: Concello de O Grove

Sistema de contratación: Non aplica

Compra pública estratéxica: Non aplica

Tipo de procedemento: Aberto simplificado ordinario

Tipo de contrato: Obras

Importe: 143.144,63 €

Data de publicación na plataforma: 01-07-2025 14:18   Selo: PR RWEB01 2025/1383492

Data e hora límite de presentación de ofertas: 21-07-2025 23:59